ADIANTE e AMI chamam à mocidade a participar na ‘II Cadeia Humana pola Liberdade dos Presos Independentistas Galegos’

O organismo popular anti-repressivo enviou nestas semanas dezenas de convites a centros sociais, organizaçons políticas independentistas, centrais galegas, grupos juvenis, lingüísticos, feministas, ambientalistas, etc. para participarem na ‘II Cadeia Humana pola Liberdade dos Presos Independentistas Galegos’ que Ceivar organiza no próximo 24 de Julho, véspera do Dia da Pátria. Nesta semana, as organizaçons juvenis independentistas ADIANTE (Mocidade Revolucionaria Galega) e AMI, que já exprimira o seu apoio na primeira ediçom, chamárom à mocidade a assistir a este acto anual de denúncia da dispersom e a repressom e de exigência da liberdade para os patriotas presos. AMI convocou à mocidade galega a apoiar a segunda ediçom da ‘Cadeia Humana’ através dos cartazes que estám a aparecer em distintas comarcas do País. Por sua parte, ADIANTE (Mocidade Revolucionaria Galega), fijo público um comunicado do seu Comité Nacional no que denuncia “todos os resortes de dominio que a metrópole desprega” e exige a excarceraçom dos presos e presas políticas galegas. Por parte de Ceivar queremos agradecer com satisfacçom o apoio de ambas organizaçons da mocidade patriótica e revolucionária e convidar mais umha vez a que, frente a todo tipo de repressom contra este povo e contra este movimento independentista, sejamos todos e todas um só home, umha só mulher, fazendo frente a essa repressom e solidarizando-nos com @s repressaliad@s. Devido ao seu interesse publicamos na íntegra o comunicado emitido polo Comité Nacional de ADIANTE respeitando a normativa em que foi editado: ADIANTE POLA AMNISTIA TOTAL! Os mecanismos xuridico-políticos da represión do Estado Imperialista Español na Galiza non han de ter nunca a lexitimidade de quen no noso pobo, que mantén un status colonial, se compromete nunha loita pola súa emancipación nacional, cuestión que implica a denuncia de todos os resortes de dominio que a metrópole desprega. Desta maneira de ollar, e á marxe da consideración política efectivamente negativa que nos merecen determinadas formas de acción política, á luz do contexto socio-político concreto, ADIANTE solidarízase co conxunto dos presos e presas políticas galegas. Deste xeito, recoñecémonos no fío histórico que nos une ao legado das organizacións comunistas e independentistas galegas que pularon en cadanseu momento, ao igual que nós pulamos hoxe, pola AMNISTÍA TOTAL, é dicir, pola inmediata posta en liberdade das persoas recluídas por teren despregado unha actuación incómoda e agresiva para o sistema, aínda que nos máis diversos parámetros de loita que conformaron e conforman a realidade galega. Non recoñecemos, como viñemos a dicir máis arriba, a lexitimidade dos instrumentos represivos do Estado, sexan estes policiais, políticos ou xudiciais. Por isto, calquera tipo de reclusión, sanción, recurte de liberdades, etcétera, atrae a nosa firme repulsa. Non recoñecemos tampouco a lexitimidade do ordenamento xurídico do EIE, inspirada na defensa dos intereses da clase dominante (propiedade privada, espolio, libre mercado…). Brindamos nesta ocasión, e no contexto desta crise económica, a nosa solidariedade ao conxunto de compañeiras e compañeiros reprimidos, sancionados ou perseguidos pola súa actividade sindical. Dende ADIANTE esiximos: – A resposta férrea contra a impunidade que están a desfrutar os/as torturadores/as nas prisións españolas, onde a práctica sistemática da tortura nas súas diferentes manifestacións é despregada polos corpos militares, policiais e demais corpos con funcións de policía (carceleiros/as, psiquiatras, médicos/as de prisións, traballadores/as sociais…). – O recoñecemento do status de preso/a político/a a todos/as aqueles/as que permanecen en prisión por mor da actividade represiva do estado contra todo tipo de acción política. – O achegamento a Galiza de todas as presas e presos galegos, sexan políticos, sexan sociais, xa que a prática da dispersión é ilegal mesmo á luz do tan loado polos “demócratas” Dereito Internacional. – O recoñecemento ao conxunto do colectivo en reclusión dos seus dereitos fundamentais, esencialmente ao traballo (abofé, non sumiso), á atención sanitaria digna, ao desfrute dos seus permisos sen cortapisas e ás prestacións correspondentes sen que a Administración Penitenciaria siga a practicar o latrocionio que leva anos realizando. – A paralisación dos diferentes procesos políticos abertos en vía civil, penal e administrativa contra compañeiras e compañeiros (con especial actualidade os procesos abertos contra os folguistas do metal). Por todo isto, o Comité Nacional de ADIANTE chama á súa militancia e ao conxunto da mocidade revolucionaria galega á participación na Cadea Humana Pola Liberdade que Ceivar convoca para o próximo 24 de xullo, ás 19:30 horas, na compostelana Praza Galiza, para denunciarmos a actuación represiva do Estado Imperialista Español e para esixirmos a AMNISTÍA TOTAL para o conxunto dos/as presos/as que permanecen nos Centros Penitenciarios españois por mnotivos políticos. Viva Galiza Ceibe! Viva o Día da Patria Galega! Comité Nacional de ADIANTE Compostela a 13 de xullo do 2009