Citado a declarar como imputado funcionário de Teixeiro por delito de torturas

esculca_logoA juíza do Julgado de Instruçom núm. 2 de Betanzos citou a declarar como imputado o próximo 14 de Junho o funcionário do CP de Teixeiro nº 312. O 16/05/2012 EsCULcA apresentara querela criminal contra funcionários do centro por alegados delitos de tortura, rigor innecessário e lessons contra funcionários ao interno F.J.F.C.

Colamos a continuaçom a nova anterior publicada por EsCULcA na que se relatam os feitos. A diligéncia pode-se consultar aqui.

O pasado 16 de maio, en exercicio do dereito da acción popular en materia penal e para a súa comparecencia como acusación popular, EsCULcA presentou querela criminal por supostos delitos de tortura, rigor innecesario e lesións contra funcionarios do C.P. de Teixeiro que alegadamente interviron na agresión a F.J.F.C. penado do centro.

Segundo a información que obra en coñecemento do noso observatorio, os feitos  que provocan a querela producíronse o pasado dia 8 e foron presenciados en parte por diversas persoas cuxo testemuño se reclama agora. Tamén propón EsCULcA que se acheguen os partes por lesións de F.J.F.C. e G.W.M., que tamén resultou  alegadamente lesionado por agresións de funcionarios, asi como copia das follas de seguimento e informe dos recoñecementos e probas praticadas aos dous.

Os feitos

En torno às 16:45, cando saía da cela para ir ao patio, F.J.F.C., preso no cárcere de Teixeiro, é interceptado por un funcionário (individuo de cabelo roxo e grande envergadura fisica que responde ao nome de Pedro) que o conmina a voltar á súa cela. F.J.F.C. obedece mas como oe abriren as portas das celas colindantes, pregunta polo interfono por qué non abren a súa, ao que o funcionario antes identificado contesta que porque el mesmo decidiu nom ir ao patio. F.J.F.C. lembra que non renunciou á saída e que, se quixese renunciar, teria que telo feito por escrito asinado, cousa que non fixo en ningún momento.

Cando outro interno lle comenta que o funcionario afirma que non sair  ao patio fora decisión súa, F.J.F.C. volta preguntar polo interfono e obtén como resposta unha frase ameazadora: “Espero que no se haya equivocado porque como se haya equivocado se va a enterar”. Ante a insistencia de F.J.F.C., o funcionario contesta: “Me tiene usted hasta los huevos, usted ha renunciado al patio, le queda claro, sino le queda claro voy y se lo explico de otra manera”.

Como tampouco lle permiten chamar, á hora da cea F.J.F.C. pergunta se tamén “renunciou” ao dereito á chamada diaria e comunica que desde ese momento (tarde do 8 de maio), en protesta por estas arbitrariedades, está en folga de fame, polo que entrega as instancias correspondentes. O funcionario (Pedro) négase a recollelas e exclama, dirixíndose ao seu compañeiro, “Cierra las puertas y los ordenanzas que se vayan fuera que vamos a entrar a por él”, o que fai  seguido de outros dous funcionarios.

“Vaya desnudándose”, orden e, cando F.J.F.C. está tirando a sudadeira, dalle unha puñada na meixela esquerda (que deixa marcas ainda visíbeis varios dias despois), deitandoo contra a cama. Continua mallando nel mentres outro dos funcionarios presentes o suxeita por unha perna en que padece unha grave doenza que lle causa unha importante coxeira. Nese momento os presos das celas colindantes comezan a empurrar as portas berrando que deixen de maltratar F.J.F.C. O xa varias veces mencionado Pedro pede que abran a cela de G.W.M., entra nela berrando “por qué coño picas? quita las manos de los bolsillos”, golpea G.W.M. e deitao no chan causandolle lesións en varias costelas (qu deixan marcas  ainda visíbeis varios dias depois).

Cando finalmente marchan os funcionarios, o preso da outra cela colindante,J.J.P.G., ao ver que F.J.F.C. non responde aos chamados, avisa polo interfono e pede a presenza do médico.

Regresan os mesmos funcionarios acompañados do Xefe de Serfizo, trasladan F.J.F.C. a outra galeria mentres o identificado como Pedro exclama: “Porque está el Jefe de Servicio delante sino te reventaba, vaya 91.3 de mierda que eres, te dejas pegar por un funcionario, seguro que estás en primer grado por dejarte pegar por los funcionarios”.

Entretanto vai dandolle puñadas no peito ao tempo que outro dos funcionarios (este con lentes) afirma “ya le dijimos que pegarle fuego no le iba a servir de nada, aquí no andamos con chiquilladas”. No momento de entraren na cuarta galeria, Pedro exclama: ”Voy a poner a tu familia de luto. Para la última celda, que se joda allí”, mais o funcionario de lentes advirte que nesa cela non poden metelo pois é a de suxección mecánica e é levado a outra. Cando F.J.F.C. está tirando o reloxio e os cordons como se lle ordenou, Pedro continua a darlle bofetóns na cara apesar das protestas do preso.

Sobre as 20:00 horas preséntanse na cela a subdirectora de seguridade acompañada polo mesmo xefe de servizo e a médica, que fican fora. FJFC conta á subdirectora o que aconteceu, a prohibición de sair ao patio e realizar a chamada diaria, a mentira de el ter renunciado e as tres malleiras que lle propinou o funcionario que identifica como Pedro. A médica pregúntalle a través da porta da cela,  sen o ver, se ten algunha lesión e comenta que o sente demasiado nervioso polo que, antes de mais nada, quere inxectalo, ao que FJFC se nega. Despois dalle unha pastilla para o corazón e outra de SEROTEL 100, que el se nega a tomar debido o tratamento psiquiátrico que está seguindo.

Posteriormente a FJFC foille notificada a abertua de parte por tres faltas moi graves e unha falta grave.

Ver aqui o texto da querela.