Concentraçom pola liberdade de Miguel e Telmo

a1a
Manhá 5ª feira terá lugar umha concentraçom pola liberdade de Miguel Nicolás e Telmo Varela às 20:00 na Praça do Calvário, Vigo.
A direçom onde está o Telmo é:

TELMO VARELA FERNANDEZ
C.P. A Lama- módulo 12
Monte Racelo s/n
36830 A Lama (Pontevedra)

Reproduzimos comunicado da CUT entidade convocante:

O xoves día 24 de marzo, ás 20 horas no mercado do Calvario en Vigo, a CUT fará unha concentración contra a represión sindical. Os últimos acontecementos mostran ben ás claras que o capital está a tomar medidas preventivas contra a loita lexítima dos traballadores e traballadoras galegas, contra o sindicalismo galego, combativo, asembleario e de clase. Son coñecedores de que a situación económica camiña cara o destino da miseria, e nese camiño, cuxo único culpábel é o capital, darán de fronte contra a CUT, sindicato que aínda sendo pequeno móstrase como unha alternativa de loita sindical.

Facemos un chamamento á mobilización da clase traballadora para demostrarlle ao capital e as súas forzas represoras que non imos permanecer impasíbeis. Os galegos e galegas de ben sempre tiveron por bandeira a dignidade, agora non vai ser menos. Estaremos nas rúas de Vigo reclamando a liberdade dos traballadores do naval secuestrados en A Lama, os comapañeiros Miguel Nicolás e Telmo Varela.