Plataforma pola absolviçom de Chema organiza Jornadas pola Amnistia esta sábado 22

A continuaçom publicamos a informaçom das Jornadas pola Amnistia que desde a plataforma Chema Absoviçom organizam para este sábado 22 de Outubro em Santiago de Compostela, no CSOA Escarnio e Maldizer:

Desde a plataforma Chema Absolución realizaremos este sábado 22 de outubro no CSOA Escarnio e Maldizer unhas xornadas onde procuraremos poñer na palestra a loita pola Amnistía xeral dos presos e encausados políticos.

Entendemos que o proceso xudicial que esta afrontando o noso compañeiro é algo indisociable do conxunto da represión que permite afianzar a estructura de poder estatal e desgastar toda posible vontade política e articulación social contra o aparato de poder burgues. Deste xeito, e entendendo que non é posible seguir indefinidamente (sen ter a certeza de cando serán as próximas datas relevantes no proceso de recursos) a axitación do caso e mobilización de rúa seguiremos reforzando o grupo de apoio e tamén colaborando con outras plataformas antirrepresivas para enmarcar a loita pola absolución de Chema na necesaria loita xeral na defensa das condicións de posibilidade da militancia política.

Neste sentido o caso de Chema tamén estará este xoves da man do Observatorio Esculca nun foro de debate internacional sobre represión en Frankfurt.

Deixamosvos o desglose das actividades programadas para este sábado:

  • As 12:00 Borxa Colmenero (Doutor en dereito pola Universidade da Coruña e doutor en teoría política pola Universidade de Santiago, abogado e profesor na UOC) abordará o papel do marco legal actual na represión política.
  • As 16:00 teremos unha mesa redonda onde desde diferentes experiencias represivas se abordará a necesidade da articulación da loita pola Amnistía.
  • As 18:00 teremos unha conversa práctica arredor dos nosos dereitos na protesta de rúa e o que facer en caso de detención, da man do abogado de diferentes procesados políticos galegos Brais González.

Esta xornada estará amenizada por diferentes grupos e artistas como (Dakidarria, SK8, Menina Arroutada e Kulo de Rata). O acto será de balde e a recaudación que se obteña no balcón durante as xornadas irá integra a sufragar os costes de diferentes causas xudiciais en activo do país.

Por último desde a plataforma queremos agradecer a todas as persoas que fan posible esta xornada de formación e encontro.

Defender as condicións da militancia política e defender os intereses da clase traballadora.