Ceivar suma-se à campanha pola aboliçom do régime de isolamento nas prisons

Desde Ceivar aderimo-nos a campanha “O cárcere dentro do cárcere” no que a organizaçom galega de defesa dos direitos e liberdades EsCULcA, pede acabar com o regime de confinamento solitário nas prisons do Estado espanhol.

Publicamos a continuaçom o manifesto que EsCULcA publicou no seu web:

As condicións de vida en prisión nunca foron nin poden ser saudábeis. E non só pola insuficiente atención médica: o encerramento prolongado prexudica profundamente a psique das persoas. A ruptura dos vínculos con outras persoas e o estigma social son consecuencias moitas veces irreversíbeis do encerramento.

Pasar unha temporada preso ou presa ten tamén consecuencias físicas, alén das psicolóxicas: entorpecemento muscular, perda de visión, olfato e ouvido a longo prazo, son apenas algunhas das secuelas físicas que sofren as persoas despois de pasaren unha temporada no cárcere. Todo isto é agravado de forma moi especial para as case mil persoas presas que cumpren condena en réxime de confinamento solitario nas prisións, máis ainda aquelas que sofren o isolamento como limitación reximental por múltiplos motivos: sancións, medidas coercitivas, etc.

O réxime de isolamento prisional implica unha limitación das saídas ao patio (entre 2 e 4 horas ao día, ou até 6 horas na Catalunya, que ten competencia en materia de execución penitenciaria embora este límite non sempre é respectado), limitación dos contactos con outras persoas presas, inspeccións e revistas diarias, mudanzas contínuas de cela, limitación dos obxectos permitidos na cela, comidas en solitaria, restrición do contacto cos funcionarios, negación das licenzas de saída, restrición das comunicacións con persoas do exterior (limitación a dúas cartas semanais), recusa ou limitación de actividades culturais, deportivas e espirituais. A falta de contacto humano e de actividade tradúcense nun prexuízo serio para a saúde física e mental de quen a sofre, cando non acaba directa e definitivamente coas súas vidas. Aliás, trátase de espazos onde en moitos casos se favorece a práctica de abusos por parte de funcionarios. Evidentemente, resulta inviábel pensar na educación ou reeducación das persoas presas.

Alén de todo isto, o réxime de confinamento solitario é aplicado de maneira costumeira contra a lexislación que o regula, e sempre vulnerando os dereitos das persoas sobre as que se aplica segundo están recollidos nos tratados internacionais. Trátase de restricións de dereitos que son reguladas en instrucións, circulares e ordes de servizo. O réxime de isolamento afecta as persoas clasificadas en primeiro grao que cumpren a súa condena en módulos de réxime fechado e aquelas que están encerradas en departamentos especiais, así como a moitas das persoas clasificadas nos grupos FIES. Tamén é utilizado como sanción para faltas moi graves, o que o converte nun cárcere dentro do cárcere. A prohibición expresa de que unha sanción de confinamento solitario dure máis de 14 días é incumprida de maneira arbitraria nos cárceres do estado apesar das constantes recomendacións e denuncias de organismos estatais e internacionais.

Por todo isto, o isolamento prisional implica un trato cruel, inhumano e degradante para as persoas, e constitúe en si mesmo unha forma de tortura. As asociacións e colectivos asinantes consideramos portanto imprescindíbel acabar co réxime de confinamento solitario. Nestes momentos en que, máis do que nunca, as persoas presas están abandonados e os lugares vagos de persoal sanitario continúan sen ser provistos (problema que na Catalunya existe de maneira menos premente que noutras comunidades autónomas) compre avanzar para a abolición do confinamento solitario nas prisións.

Hashtags

[CAS] #AboliciónAislamiento #AislamientoEsTortura #ElAislamientoMata

[CAT] #AbolicióAïllament #AïllamentÉsTortura #L’AïllamentMata

[GAL] #AboliciónIsolamento #IsolamentoÉTortura #OIsolamentoMata

[EUS] #IsolamenduaIndargabetu #IsolamenduaTorturaDa #IsolamenduakHiltzenDu

Referencias

●O isolamento prisional como forma de tortura (2016):

●O isolamento como tortura silenciosa (2019):

https://canarias-semanal.org/art/24296/aislamiento-en-las-carceles-espanolas-la-tortura-silenciosa-video

●O deterioramento do cerebro en isolamento (2018):

https://www.eldiario.es/sociedad/aislamiento-penitenciario-tortura-salud-ciencia_1_1820249.html

●O cárcere dentro do cárcere (2019):

https://www.eldiario.es/andalucia/el-blog-de-apdha/aislamiento-carcel-dentro_132_1762933.html

●O confinamento solitario en tempos de Covid (2020):

●Cando o réxime de isolamento é unha pena de mort (2019):

https://www.huffingtonpost.es/entry/aislamiento-penitenciario-es-una-sentencia-de-muerte_es_5d776815e4b0fde50c2ca4bc

●Divulgación, acerca das consecuencias do confinamento solitario (2020):

https://www.revistalibertalia.com/single-post/2020/03/13/Regimenes-penitenciarios-tipos-y-consecuencias

●Chegou o momento de falar de isolamento prisional (2017):

https://www.eldiario.es/catalunya/opinions/llego-momento-hablar-aislamiento-penitenciario_132_3603394.html

●Reportxe en TV3 (2019):

https://www.ccma.cat/tv3/alacarta/30-minuts/aillament-la-preso-dins-la-preso/video/5840098/

●As celas de isolamento por dentro (2017):

https://www.eldiario.es/catalunya/celda-aislamiento-dentro_1_3607864.html

●Sobre isolamento e mortes (campaña de Iridia):

https://iridia.cat/es/publicaciones/aillades-a-la-preso/

●Máis sobre mortes en isolamento (2019):

https://www.heraldo.es/noticias/aragon/zaragoza/2019/09/03/grabaciones-muerte-preso-celda-zuera-1332345.html

https://www.heraldo.es/noticias/aragon/2019/05/30/preso-zuera-suicidio-1317718.html#:~:text=Un%20preso%20de%2021%20a%C3%B1os%20se%20suicid%C3%B3%20el%20martes%20por,luego%20se%20enfrent%C3%B3%20a%20unos

●Outra morte en confinamento solitario (2019):

https://www.20minutos.es/noticia/3636360/0/ HYPERLINK “https://www.20minutos.es/noticia/3636360/0/prisiones-investiga-muerte-preso-aislamiento-carcel-sevilla/”p HYPERLINK “https://www.20minutos.es/noticia/3636360/0/prisiones-investiga-muerte-preso-aislamiento-carcel-sevilla/”risiones-investiga-muerte-preso-aislamiento-carcel-sevilla/

●Isolamento e suicidios nos cárceres cataláns (2019):

https://www.eldiario.es/catalunya/suicidios-carceles-catalanas-regimen-aislamiento_1_1617911.html

●Suicidios en confinamento soitario (2019):

https://www.eldiario.es/andalucia/sistema-penitenciario-carceles-regimen-de-aislamiento-suicidios_1_1750997.html

●Vídeos das intervencións di Grup de Treball sobre o réxime de isolamento dos DERTs (2017):

https://www.parlament.cat/ext/f?p=700:3:::::P3_ID_CATEGORIA:7664622

●Campaña de The Guardian contra o solitary confinement nos Estados Unidos, inclúe simulación virtual de cela de confinamento (2016):

https://www.theguardian.com/world/ng-interactive/2016/apr/27/6×9-a-virtual-experience-of-solitary-confinement