O comité europeu que persegue as torturas ve “inaceitável” a situaçom do cárcere de Teixeiro

teixeiroPublicamos a continuaçom polo seu interesse, a nova editada polo SermosGaliza sobre a avaliaçom da cadeia de Teixeiro polo Comité Europeu para a prevençom da tortura:

O CPT, órgao do Consello de Europa, publicou un informe sobre a visita levada a cabo en seis centros penitenciarios do Estado español, entre os que se atopa o cárcere de Teixeiro.

O Comité Europeo para a prevención da tortura (CPT), órgao pertencente ao Consello Europeo, traballa desde o ano 1989 na prevención da tortura e dos tratos inhumanos ou degradantes. Especialmente preocupado pola ampla incidencia e frecuencia dos maus tratos físicos nos cárceres do Estado español, o CPT vén de denunciar que ningún dos procedementos penais iniciados entre os anos 2014 e 2016 por estas violacións dos direitos humanos chegaron á fase final da investigación. Para o CPT, este feito non se trata dunha coincidencia. A ausencia ou a deficiente calidade dos rexistros médicos, unido á falta de información referente aos casos sospeitosos de maltrato físico e ao traslado sistemático de reclusos despois dalgún incidente de importancia, fan destes centros penitenciarios un escenario en que, segundo as denuncias, son demasiado frecuentes os maus tratos e a tortura.