Esculca apresenta escrito ao Mecanismo de Prevençom da Tortura polos maus tratos ao preso independentista Antom Santos

esculca_logo_124A continuaçom reproduzimos a informaçom emitida polo Observatorio para a Defensa dos Direitos e Liberdades  EsCULcA na que o seu presidente, Fernando Blanco Arce, apresenta um escrito ao Mecanismo de Prevençom da Tortura ante os maus tratos recebidos polo preso independentista galego Antom Santos.

“Fernando Blanco Arce, na súa condición de Presidente da Xunta Directiva de EsCULcA, dirixiu escrito o 2 de xuño ao Mecanismo Nacional de Prevención da Tortura (MNPT) en que reclama unha actuación inmediata en relación á noticia aparecida en diferentes medios de comunicación sobre posíbeis malos tratos ao preso galego A.S., interno no cárcere de Dueñas (Palencia).

No seu escrito, Fernando Blanco Arce lembra que, segundo a información publicada, funcionarios penitenciarios terian entrado na sala onde se encontraba A.S., despois de manter un vis-à-vis familiar, para practicarlle unha revisión de nu integral, ao que o interno non se negou en ningún momento. Si requeriu no entanto poder vestir unha bata, como dita a norma regulamentar, entanto se practicaba a inspección. Petición denegada polos funcionarios que responderon agarrando con violencia e arrastrando A.S. en aplicación arbitraria do art.72 RP, o que provocou ao preso hematomas e equimose en varios pontos do corpo.

EsCULcA  solicita a MNPT que exerca as competencias que lle son conferidas polo Protocolo Facultativo da Convención Internacional para a Prevención da Tortura e compareza por medio de comisionado no CP de Dueñas a fin de manter entrevista reservada co preso A.S. e proceda a incoar expediente a fin de prevenir situación de tortura/tratos degradantes no penal.”

Escrito ao completo no seguinte enlace: Texto do escrito