Movimentos sociais de Compostela e vigo posicionam-se ante a detençom das três anarquistas

[Atualizado Domingo 19] Desde Ceivar fazemo-nos eco das brochura que sairom como conclusom das assembleias realizadas polos movementos sociais em Compostela e Vigo. O objeto era avaliar a situaçom das três pessoas detidas em dias passados vinculadas presuntamente a um cóctel molotov que estourou em setembro de 2012 contra o Círculo de Empresarios-Club Financiero de Vigo.

“Imagina que estáEntrada-del-Club-Financiero1s na tua casa e entram pola porta umhos maderos encarapuçados, reduzem-te e levam-te ao calabouço. Antes empacotam e levam as tuas pertenças da tua casa e depois passas cinco dias num calabouço entre interrogatórios, múltiples diligências e maus tratos. Ao final, levam-te diante dum juiz a 600 quilómetros que nom fala a tua língua nem escuita a tua versom e decreta o teu ingresso em prisom. Em ningum momento puide-ches falar com a tua família, amigas ou advogadas, nem elas saber de ti.

Imagina que durante estes cinco dias toda a televisom, a prensa escrita e internet se adica a demonizar-te dizindo que es um perigo social em base a informaçom manipulada e ás suas invençons. Imagina que fam morbo e sensacionalismo com todas as tuas intimidades.

Imagina que poidam fazer esto com todo o mundo que se move ou que protesta a base de inventar qualquer organizaçom terrorista, podendo-te meter em prisom mais dumha década.

Por tudo isto, queremos denunciar a detençom, o passado dia 13 de janeiro, baixo a Lei Antiterrorista por parte da Audiência Nacional de três companheiras; Maria do Carme em Vigo, Xabier em Lugo e Gabriel em Ciudad Real. Também amossar a nossa preocupaçom polo seu estado e a nossa solidaridade e apoio a elas e as suas achegadas.

Adiante a solidaridade!
Basta já de montagens policiais e de lei anti-terrorista!”

Desde os movementos sociais de Vigo queremos denunciar a grave escalada represiva que se está a dar nos últimos tempos contra todos os sectores populares..
Non nos referimos únicamente á súa plasmación no papel na nova reforma do código penal e lei de “seguridade” cidadá, senón á evidencia real, a pé de rúa, que se pon de manifesto nunha presenza policial cada vez maior , no incremento de identificacións e cacheos indiscriminados ou nas actuacións sobre calquera tipo de colectivo que tente alzar a voz para defender os seus dereitos.

Pero nestes días debemos resaltar especialmente as operacións mediáticas, como a leva da a cabo esta pasada semana nas cidades de Vigo, Lugo e Ciudad Real, que teñen como único obxectivo crear alarma social ao tempo que estender o medo.
Consideramos totalmente inxustificado, e de todo punto inaceptábel, que se deteña e traslade a centos de quilómetros das súas casas a unhas persoas, baixo o argumento de ter provocado uns danos cualificados, incluso no seu momento,como non graves. E non só isto, senón que se difunden as súas facianas e datos sobre a súa vida, nun exercicio máis, por parte dos medios, de actuar como simple correa de transmisión da policía e o Ministerio de Interior, deixando de lado calquera tipo de rigor informativo, suposta ética xornalística ou respeto á intimidade.
Parece que unha alfombra queimada e uns vidros rotos, únicos danos reais dos que eses mesmos medios falan, son motivos suficientes a día de hoxe para acabar en Madrid. Porque, a fin e ao cabo, os feitos son o que menos importa. A aplicación da lei antiterrorista “lexitima” calquera actuación, permite a suspensión dos dereitos básicos de calquera persoa e pode levar á imposición de décadas de prisión por pertenza a supostas bandas armadasdas que, en moitos casos, só se coñece a súa existencia a golpe de exclusiva periodística.
Non é ningunha novidade a actuación da Audencia Nacional, en tanto que auténtico tribunal de excepción, pero si que a súa intromisión na esfera do público sexa cada vez maior, polo que se fai necesario esixir , unha vez máis, a súa inmediata desaparición.
Alegrámonos, finalmente, de que, aínda que non totalmente libres, estas persoas estean xa na rúa o que, por outra banda, pon de relevo o esperpéntico de toda actuación.
19/01/2014