Desde Ceivar fazemo-nos eco dos derradeiros preparativos da VIII ediçom da Marcha ás cadeias publicados no web da Plataforma Que voltem para a casa!
“A organización da marcha ás cadeas vai pechando os últimos detalles da viaxe. As persoas que queiran anotarse aínda están a tempo pero apenas quedan unhas poucas prazas tanto na expedición do norte como na do sur. A continuación recollemos os horarios da viaxe e algunhas recomendacións e consellos para @s expedicionari@s.
Os horarios e as paradas da expedición do sur son os seguintes:
-
Pontevedra: ás 23h:15 no pavillón municipal de Pasarón.
-
Vigo: ás 00h:00 na praza do Couto (praza dos cabalos).
-
Ponteareas: ás 00h:45 na estación de autobuses.
-
Ourense: ás 01h:45 na estación de autobuses.
Os horarios e as paradas da expedición do norte son os seguintes:
-
Ferrol: ás 23:30 na parada de taxis da praza do Inferniño.
-
Coruña: ás 00h:30 na explanada diante das billeteiras do estadio de Riazor.
-
Compostela: ás 01h:45 na dársena do colexio de La Salle.
-
Lugo: ás 03h:15 diante do edificio da Xunta na Ronda Muralla.
-
Ribadeo: ás 04:45 na estación de autobuses.
Para evitar complicacións coa Guardia Civil desde a organización da viaxe lembramos que é necesario levar o DNI e tamén un chaleco reflectante de visibilidade, como os que utilizan os peóns nas estradas. A Guardia Civil pode impedir a circulación polas estradas que rodean as cadeas ás persoas que non porten este chaleco. É recomendábel que os e as solidarias leven comida, auga e roupa de abrigo e de chuvia e tamén roupa para cambiarse no caso de apañar unha molladura. O frío da meseta ou do páramo leonés non son unha broma.
Tamén lles pedimos aos e ás participantes na marcha que leven bandeiras con pau da Galiza e dos presos galegos, gaitas, pandeiros e pandeiretas e calquera obxecto que poda facer ruído como, por exemplo, bucinas marítimas ou altofalantes.”