O dia três de janeiro concentraçom em Ordes da plataforma Que voltem para a casa! para pedir o traslado de Carlos Calvo a Galiza

Desde Ceivar fazemo-nos eco da convocatória da plataforma Que voltem para a casa! e aderimo-nos ás sua reivindicaçom. A continuaçom colamos a informaçom da plataforma de familiares e amigas/os:

“A campaña da nosa asociación contra a dispersión dos presos galegos non descansa nestas datas de nadal; máis ben ao contrario, pois é agora cando máis sentimos que nos faltan os nosos familiares e amigos. Comezamos o ano coa última das concentracións locais en solidariedade cos presos galegos. Desta vez será en Ordes, o concello de Carlos Calvo, ás 11h:00 e tamén ás portas do consistorio municipal.carlos

Carlos Calvo leva preso e dispersado desde a súa detención en setembro de 2012. Actualmente atópase recluído na cadea de Topas-Salamanca, a 440 quilómetros da súa aldea de Loureda. Ao igual que acontece cos demais presos galegos, está cualificado en réxime FIES 3 coas correspondentes limitacións e arbitrariedades de todo tipo que implica este réxime penal.

Desde Que voltem para a casa! facemos un chamamento para manter a tensión mobilizadora ante os próximos actos do mes de xaneiro, nomeadamente a concentración de Ordes e a VIII Marcha ás cadeas. O inminente debate das mocións nos concellos dos presos está xerando unha importante expectación que vai esixir de todos os nosos esforzos para contrarrestar a campaña de manipulación dos partidos da dispersión e dos medios de comunicación que os apoian.”

03 DE JANEIRO EM ORDES ÁS PORTAS DO CONCELHO