Concentraçom no Obradoiro da Plataforma “Que voltem para a casa” reclamando o traslado a Galiza de Eduardo Vigo

Desde o Organismo Anti-repressivo Ceivar, fazemo-nos eco da nova convocatória de concentraçom organiçada pola plataforma de “Que voltem para a casa” que terá lugar na Praça do Obradoiro. Desta volta a exigência é a repatriaçom do preso independentista Eduardo Vigo, vizinho de Compostela.

“Este mércores 11 de decembro celebrarase a segunda das concentracións convocadas por Que voltem para a casa! para reclamar o traslado dos presos a Galiza. Desta vez será na praza do Obradoiro de Compostela, ás portas da cámara municipal, e terá como obxectivo denunciar a situación do preso de Angrois Eduardo Vigo e reclamar o seu traslado a unha cadea localizada na Galiza.foto_edu2

Eduardo leva dous anos preso e dispersado por diferentes cadeas ao longo do estado (Córdoba, 982 qms, Navalcarnero, 537 qms, e Mansilla de las Mulas, 385 qms), cando existe no concello de Teixeiro un establecemento penitenciario que dista 59 quilómetros da súa casa. O período de prisión provisional de Eduardo prolongouse durante 21 meses nos cales foi cualificado en 1º grao FIES 3 (Ficheiros de Internos de Especial Seguimento). Este réxime pechado implica que o preso debe permanecer 21 horas ao día na súa cela. Eduardo ten todas as súas comunicacións intervidas, só pode facer 8 chamadas telefónicas á semana e escribir dúas cartas semanais. Apenas pode ter 4 visitas ao mes, 3 delas de só 40 minutos e un bis a bis familiar de 2 horas. En setembro foi condenado a 18 anos de prisión e continua coa cualificación no réxime FIES 3.

Contando os desprazamentos a Córdoba, Navalcarnero e Mansilla de las Mulas, a familia e os amigos/as de Eduardo gastan unha media de 300 euros en cada viaxe semanal, o que supón 1200 euros ao mes e 14400 euros ao ano. As persoas que visitan a Eduardo en Mansilla de las Mulas-León percorren anualmente 37960 quilómetros, case unha volta completa ao planeta Terra. Cando viaxaban a Córdoba percorreron nun ano 102128 quilómetros, dúas voltas e media ao planeta.”

Dia: 11 de dezembro
Lugar: Praça do Obradoiro, Compostela
Hora: 11:00h

A nossa solidaridade é imparável!!