Decorre com sucesso a primeira das concentraçons em reivindicaçom do achegamento dos presos galegos

Desde Ceivar fazemo-nos eco do sucesso da primeira das concentraçons polo achegamento dos presos galegos convocada pola plataforma “Que voltem para a casa”. 

“Na mañá de hoxe 3 de decembro celebrouse con éxito a primeira das concentracións convocadas para reclamar o traslado a Galiza dos presos galegos e o respecto dos seus dereitos fundamentais. Foi ás portas do concello de Vigo e cos presos vigueses Teto e Xurxo como centro da denuncia e das reivindicacións. Á concentración asistiu medio centenar de persoas, entre as que se atopan a as/os concelheiras/os do BNG, Iolanda Veloso e Henrique Vieitez, coas que puideron falar representantes de Que voltem para a casa.

As persoas asistenteconcelho_vigos despregaron dúas faixas denunciando a situación penitenciaria de Teto e Xurxo e reclamando a súa transferencia para unha prisión na Galiza. Ademais, repartíronse brochuras entre os centos de veciños e veciñas de Vigo que a esa hora se acercaban á cámara municipal para facer xestións. A brochura explicaba a situación penitenciaria concreta de cada preso e suscitou o interese de moitos e moitas viguesas.

Nos próximos días celebraranse concentracións similares en Ames, Teo, Ordes e Santiago. Así mesmo, está prevista a presentación de mocións contra a dispersión para o seu debate nas respectivas corporacións municipais. Desde Que voltem para a casa! facemos un chamamento a secundar estas concentracións e o resto de accións da campaña “En cada aldea, en cada vila, en cada cidade … súmate ao clamor contra a dispersión das/os presas/os galegas/os!