Concentraçom em Vigo convocada pola Plataforma “Que voltem para a casa”

Desde Ceivar fazemo-nos eco da convocatória de concentraçom da plataforma “Que Voltem para a Casa”:

CONCENTRACIÓN NO CONCELLO DE VIGO POLO TRASLADO A GALIZA DE TETO E XURXO

  O próximo martes 3 de decembro ás 11:00 h celebrarase a primeira das concentracións convocadas para denunciar a situación dos presos galegos. Será ás portas do conCartaz-C-A4-01Vigo-624x882cello de Vigo, a cidade da que eran veciños Teto e Xurxo ata o día da súa detención. Lembramos que estas concentracións enmárcanse nunha campaña máis ampla de reivindicación do traslado a Galiza dos presos galegos e de defensa dos seus dereitos fundamentais. Neste sentido, nos próximos días agardamos poder anunciar as datas nas que as corporacións municipais de Vigo, Teo, Ames, Ordes e Compostela, debatirán as mocións contra a dispersión promovidas por Que voltem para casa!

Teto e Xurxo atópanse neste momento respectivamente a 665 e 385 quilómetros de distancia dos seus fogares, cando existe un establecemento penitenciario no concello de A Lama a 55 quilómetros de Vigo. A familia e @s amigas/os de Teto percorren anualmente unha distancia de 69190 quilómetros, case dúas voltas ao planeta Terra. A familia e @s amigas/os de Xurxo percorren unha distancia anual de 40040 quilómetros, unha volta completa ao planeta. Esta distancia era maior cando se atopaba preso en Alcalá-Meco. Desde a nosa asociación facemos un chamamento á cidadania viguesa para que secunde a concentración de apoio á Teto e Xurxo do vindeiro 3 de decembro, martes. A concentración será debidamente comunicada ante a subdelegación do goberno”

Terça 3 de dezembro ás 11H ás portas do Concelho de Vigo