Governo municipal de Teu apoia @s pres@s independentistas galeg@s

bandeira_gz7Publicamos a continuaçom a declaraçom de apoio @s pres@s independentistas acordada entre todos os concelleiros e concelleiras que formam parte do governo municipal de Teu.

Os concelleiros e concelleiras do Goberno Municipal de Teo, diante da situación vivida por Antom Santos Peres -natural deste concello- e outros cidadáns galegos nas mesmas circunstancias penitenciarias

Adhírense ao comunicado do Grupo parlamentar de Alternativa Galega de Esquerda e, consecuentemente, declaran:

1. A súa disconformidade coa dispersión xeográfica que sofren estas persoas durante a súa prolongada detención a espera de xuízo, toda vez que entendemos que manter a estes cidadáns presos a centos de quilómetro dos seus lugares de residencia incumpre de forma flagrante a lexislación internacional e os convenios asinados polo Estado español. Dende o punto de vista do noso concello, resulta particularmente grave a situación á que se somete ás súas familias, tanto polo gasto económico que teñen que asumir para visitalos, como polo custe físico e emocional que supoñen estes continuos desprazamentos.

2. A súa preocupación pola situación procesal destas persoas que van ser xulgados por un tribunal de excepción (a Audiencia Nacional) e a súa reclamación de que sexan sometidos a un xuízo xusto e con plenas garantías, lonxe de calquera inxerencia política ou condicionante previo determinado por situacións extremas que nada teñen que ver coa realidade social galega.

Teo, 19 de xuño de 2013