Polícias Municipais fraturam os dedos a um músico em Compostela

Agressom RoiO músico e luthier Roi V. foi agredido a quinta-feira 10 de Janeiro por um agente da Polícia municipal de Compostela, ainda sem identificar, fracturando-lhe quatro falanges da mão direita e producindo-lhe escordaduras na mão esquerda. Esta agressom foi a selvagem resposta do agente a um comentário do instrumentista sobre a falta de justificaçom da identificaçom a que estava sendo submetido ele e o grupo de amigos que lhe acompanhava.

A continuaçom publicamos a crónica dos feitos, aparecida a passada sexta-feira, 18 de Janeiro, na web da Candidatura do Povo:

“A pasada madrugada do mércores para o xoves [fala do día 9 para o 10]] íamos tres mozas e dous mozos camiñando pola rúa da Virxe da Cerca e á altura da Ensinanza. Unha patrulla da Policía Municipal, ao vernos, detuvo o carro e comezaron a pedir o billete de identidade a todos. Unha das rapazas fixo un comentario entre nós inofensivo “Sempre igual…” e o axente, ao escoitalo, respondeu cun empurrón á compañeira contra o veículo policial.

Eu, sendo consciente dos meus dereitos, fíxenlle unha pregunta ao axente: “Que nos vés, a agredir por camiñar pola rúa?”, ao que o axente todo espídico respondeu cun intento de inmobilizarme a man. Este, ao ver que non era capaz e que eu me estaba rindo dicíndolle “Que, vasme romper a man a min agora?” sinalando esta agresión agarrou os dedos dobrándomos ao contrario, fracturándome 3 falanxes nun dedo e unha no outro e, ao rompermos, dixo ¿Y ahora que? Cando os seus compañeiros miraron a miña man dixéronlle que me soltase e baixo ameazas coaccionáronos para que seguísemos o noso camiño se non queríamos sufrir máis consecuencias.

Acto seguido, sumouse ás dúas patrullas da Municipal un Nisan Almera Gris con dous policías do corpo de información da Policía Nacional, collendo a unha das compañeiras e levándoa a Rodrigo de Padrón [ubicación actual da comisaría]. Nós fomos ata unha esquina desta rúa para ver se a soltaban. Unha vez a deixaron a ela dentro, os dous secretas voltaron a saír en busca miña, ao que eu respondín poñendome diante do seu carro. O máis corpulento dos dous saíu do carro berrándome Usted se acaba de escapar corriendo, haciendo caso omiso a un agente de la autoridad, ao que eu respondin “Mire, eu acabo de vir aqui polo meu propio pé a denunciar unha agresión dun policía, este negoume o dereito a denunciar a un compañeiro seu e comezou a preguntarme ¿Te lo has pasado bien por la tarde? ¿Te acuerdas de mi de la Huelga General en el polígono? Preguntáronme de onde viña e xa o sabían eles, porque lle dixen que viña do Bartolo e díxome o lugar exacto de onde acababa de saír. Entón quixen levantarme da cadeira levando un golpe na cabeza, ao que eu reaccionei poñendo a man cos dedos partidos enriba da mesa e díxenlle que si me quería romper os dedos da outra man que comezase. Este veume a man e mandoume marchar negandome o dereito á denuncia.

Quero expresar a miña incapacidade de exercer o meu traballo, que como multiinstrumentista consiste no uso das miñas mans como medio de vida, xa non só a incapacidade para tocar a Gaita, a frauta traveseira, o saxo, etc., senón a incapacidade total para axudar a meu pai, coñecido luthier de prestixio, tanto no obradoiro como en traballar as miñas terras, nin tan sequer andar no tractor, dándome os médicos un prazo de 4 meses sen poder utilizar para nada a man dereita á espera do que me responda nas vindeiras semanas o cirurxián, e perdendo nun principio o 30% de mobilidade no mellor dos casos, sendo un impedimento para o resto da miña vida, posto que son frautista”.