EsCULcA reclama medidas urgentes para restaurar os direitos do preso independentista galego Eduardo Vigo

edu_webTirado da página de EsCULcA/ Com data 16 de novembro, EsCULcA enviou queixa à “Defensoría del Pueblo” relativa à situaçom de Eduardo Vigo Domingues, preso galego interno no Centro Penitenciário de Córdoba ao que Instituiçons Penitenciarias aplica injustificadamente um regime de extrema dureza que o Observatório considera de “isolamento encoberto”.

“…. o isolamento non é un rexime de vida penitenciaria senón que se trata dunha sanción establecida no art. 43.1 LOGP derivada da comisión por parte do interno dunha infracción grave ou moi grave… e debe estar rexida por principios e garantias propios do dereito penal”, o que non accontece neste caso, afirmano seu escrito Fernando Blanco Arce, presidente de EsCULcA.

Ben ao contrario, os datos obxectivos mostran que Edudardo Vigo Domínguez ten un comportamento positivo, como consta na valoración unánime da Xunta de Tratamento do Centro Penitenciario de Navalcarnero, onde estivo interno antes de ser transladado a Córdoba por decisión unilateral da Institucións Penitenciarias.

Por outra banda, subliña EsCULcA, aplícase ao Sr. Vigo Domínguez, a pesar da súa condición de preso preventivo, a política de dispersión e afastamento do seu lugar de residencia habitual. Unha práctica que contradi os artigos 1.1., 4.1, 5, 61 do Código Penal, o Conjunto de principios para a protección de persoas sometidas a calquera forma de detención o prisión, adoptado pola ONU en 1988, e a Convención para a Prevención da Tortura de 1984.

Por todo isto, EsCULcA reclama á Defensoría del Pueblo, que exerce en exclusiva as funcións de Mecanismo de Prevención da Tortura, unha actuación inmediata perante a Dirección do C.P. de Córdoba para que se tomen sen demora as medidas necesarias a fin de restaurar os dereitos do Sr. Vigo Domínguez.

 Ver aqui o escrito á Defensoría del Pueblo