EsCULcA pede que se investigue actuaçom policial em Narom

recebemento_silvia_ferrol_20121101Tirado da página de EsCULcA/ O pasado 6 de Novembro, EsCULcA rexistrou na Fiscalia de Menores da Área de Ferrol escrito en que solicita a incoación de dilixencias preprocesuais de investigación para esclarecer os feitos acontecidos o 29 de outubro en Narón, e en concreto o tratamento dispensado por axentes da PN a un menor lactante durante a detención da súa nai e o seu pai.

Foto: Recebemento a Sílvia o passado 1 de novembro em Ferrol

Os feitos a que se refere o escrito de EsCULcA foron relatados en diferentes meios de comunicación, que dan noticia da detención de Silvia C.S. e Julio S.S. na madrugada do 29/10 na súa casa de Narón e posterior traslado a dependencias policiais, antes de seren postos a disposición xudicial na A.N.

No momento da detención, ambos estaban en compañía do seu fillo, un bebé de oito meses ainda lactante que, segundo as mesmas informacións xornalísticas, ficou afastado da nai e sen alimentar durante varias horas.

EsCULcA estima que, de se confirmaren estas circunstancias, e a ausencia de persoal competente e autorizado para se facer cargo do neno apesar de os responsábeis policiais teren loxicamente coñecimento previo da situación que ian encontrar os axentes que participaron no dispositivo, esta actuación policial incumpre diferentes preceitos da Lei de Protección Xurídica do Menor e da Convención das Nacións Unidas sobre os Dereitos da Crianza.

Por iso, dada a función de protector do menor que ostenta o Ministerio Público, EsCULcA solicita que se investiguen as circunstancias que conduciron ao traslado do menor a dependencias policiais e provocaron a situación de desamparo de que teria sido vítima durante o tempo que permaneceu sob custodia policial.

Igualmente solicita EsCULcA que se de traslado deste escrito ao xulgado competente para estimar a existencia de responsabilidade penal na actuación policial ou ás autoridades competentes de estimar se existiu responsabilidade administrativa.

Ver aqui o escrito.