O ministério de Interior submete à lei antiterrorista unha criança de 8 meses

conc_Ferrol_Silvia_Julio_20121030Publicamos a seguir o artigo de Beti Vazquez no Sermos Galiza no que se denúncia o trato cruel, sádico, e inumano do Ministério de Interior ao manter afastada da sua nai ao seu filho lactante de 8 meses ao que mantiverom cinco horas sem se alimentar.

A policía española prendeu esta segunda feira a Sílvia C.S. e o seu compañeiro Júlio S.S., militantes independentistas que vinculan co denominado ‘aparello de financiamento’ de Resistencia Galega. Canda el@s levaron o seu fillo, aínda lactante, a quen mantiveron cinco horas sen se alimentar após o separar da súa nai. Seguen incomunicad@s e xa foron trasladados a Madrid. Júlio S.S. e Sílvia C.S., as dúas persoas que a policía española prendeu a última hora do serán desta segunda feira foron xa trasladas a Madrid, onde pasarán a disposición xudicial perante a Audiencia española previsíbelmente xa esta cuarta feira, ao cadrar a quinta cun día feriado. Así llo sinalaron a este xornal fontes do organismo antirrepresivo Ceivar, aínda que apuntan que lles foi aplicada a lei antiterrorista, polo que o período de arresto incomunicado podería prolongarse até cinco días.

As detencións d@s moz@s, militantes independentistas, efectuáronse na vivenda que partillaban en Narón. Canda el@s os axentes levaron o seu fillo, unha crianza de oito meses aínda lactante que ficou afastada da súa nai e sen se alimentar durante varias horas, desde as once da noite, cando a prenderon, até que unha familiar da parella foi avisada para facerse cargo do pequeno. 

O comunicado emitido desde o ministerio de Interior obvia en todo momento a presenza do neno durante os arrestos e o tempo que a parella pasou na comisaría. Tampouco di nada sobre o traballo que amb@s @s dúas realizaban nos movementos sociais, activismo polo que eran coñecid@s na comarca e na capital da Galiza, de onde era veciño Júlio S.S.

O Goberno español vincula a Silvia C.S. e o seu compañeiro co que denominan ‘aparello de financiación’ de Resistencia Galega. Sinala que, após os rexistros domiciliarios emprendidos, deron con panfletos de propaganda, axendas e “diverso material informático”, mais ilustran a información cunha imaxe de arquivo de material explosivo incautado noutros arrestos.  Aliás, acrecenta o Goberno español que os arrestos de Silvia C.S. e da súa parella estarían ligados a un “operativo antiterrorista” iniciado o 30 de novembro de 2011 contra esa organización. Desde aquela levan pres@s Eduardo Vigo, Roberto R. Fialhega ‘Teto’ e Antóm Santos e María Osorio, detid@s estas últimas dous días despois. Del@s, ningunha foi xulgad@ aínda.

Detid@s, incomunicad@s e sen xuízo 

O procedemento emprendido pola policía española é o mesmo que se pon en marcha cos arrestos de independentistas. Así, o 16 de setembro detiveron outros cinco mozos. Un deles, M.R.G., quedou en liberdade sen cargos o mesmo día que o prenderon. Pola súa banda, Carlos Calvo ingresou en prisión ao día seguinte e os outros tres detidos –Xurxo R. Olveira, Diego Santín e Héctor Naya Gil ‘Koala’– mantivéronos incomunicados 72 horas antes de pasaren a disposición xudicial e que decretasen tamén para eles o ingreso en prisión.

Cómpre recordar que o observatorio polos dereitos e as liberdades Esculca solicitou para @s pres@s a aplicación do Protocolo Garzón, que comprende un sistema de supervisión mediante a gravación en video dos centros de detención e das salas de interrogatorio. Así mesmo, contempla un exame médico d@ detid@ por parte dun profesional da súa confianza, para alén da posibilidade de recibiren visitas de familiares. O paso da teoría á práctica con este protocolo non se deu aínda. Xurxo R.O. denunciou xa no momento do arresto que axentes da gardia civil batesen nel entrementres procedían ao rexistro da súa vivenda.

Ceivar realizou asembleas informativas en diferentes cidades do país e convoca para esta cuarta feira concentracións de solidariedade coas persoas detidas. Terán lugar en Vigo ás 20h, diante do MARCO, e en Compostela ás 20:30h, na praza do Pan (Cervantes).