Expansom da solidariedade com os presos e presas políticos galegos

opovoquemmaisordenaMas umha iniciativa solidária com as presas e presos políticos galegos desde a Galiza. Neste caso trátase do Centro Social Aguilhar da Límia que impulsa umha campanha de sensibilizaçom e solidariedade com todos os presos e presas políticas. Desde Ceivar fazemo-nos eco da nova e animamos ao Povo Galego a rachar o muro da incomunicaçom e a amossar a sua solidariedade e a denunciar o reximem de tortura que aplica o Estado Espanhol por médio da disperssom e o ilhamento das pessoas presas por motivos políticos. A seguir reproduzimos o texto da Aguilhoar:

“Da Aguilhoar pomos en andamento unha modesta mais comprometida campaña de sensibilización e solidariedade con todos os presos e presas políticas e lembrar a aqueles combatentes galegos e galegas que máis deron e mais alto prezo pagaron por pelexar, con todas as consecuencias por mudar este mundo de destrucción por un outro mundo xusto, libre e solidario.

Esta campaña irá desde o dia de hoxe, coa publicación dun breve informe sobre a situación das presas e presos, a activación dun blogue solidário cos dados máis relevantes dos mesmos, até o 17 de Abril “Dia Internacional de Apoio aos Presos e Presas Políticas”, tempo durante o que haberá unha exposición permanente no local social coas biografias de cada umha delas e deles, e umha série de palestras sobre a situación carceraria nas que contaremos con diferentes organismos antirepresivos e direitos humanos.

Da Aguilhoar queremos lembrar, de forma moi especial, a Ugio Caamanho Sam-Tisso, Santiago Vigo Domingues, José Manuel Sanches Gorgas e Miguel Nicolás, mais tamén queremos lembrar aos galegos e galegas antifascistas, comunistas e anarquistas actualmente encarcerados e encarceradas por denunciaren e combateren esta mal chamada democracia.”

LIBERDADE PRESAS E PRESOS POLÍTICOS!!

Ligaçom do blogue solidário

Da Aguilhoar pomos en andamento unha modesta mais comprometida campaña de sensibilización e solidariedade con todos os presos e presas políticas e lembrar a aqueles combatentes galegos e galegas que máis deron e mais alto prezo pagaron por pelexar, con todas as consecuencias por mudar este mundo de destrucción por un outro mundo xusto, libre e solidario.

Esta campaña irá desde o dia de hoxe, coa publicación dun breve informe sobre a situación das presas e presos, a activación dun blogue solidário cos dados máis relevantes dos mesmos, até o 17 de Abril “Dia Internacional de Apoio aos Presos e Presas Políticas”, tempo durante o que haberá unha exposición permanente no local social coas biografias de cada umha delas e deles, e umha série de palestras sobre a situación carceraria nas que contaremos con diferentes organismos antirepresivos e direitos humanos.

Da Aguilhoar queremos lembrar, de forma moi especial, a Ugio Caamanho Sam-Tisso, Santiago Vigo Domingues, José Manuel Sanches Gorgas e Miguel Nicolás, mais tamén queremos lembrar aos galegos e galegas antifascistas, comunistas e anarquistas actualmente encarcerados e encarceradas por denunciaren e combateren esta mal chamada democracia.

LIBERDADE PRESAS E PRESOS POLÍTICOS!!