Adiante solidariza-se com os independentistas encarcerados e dispersados na passada semana e exige a sua repatriaçom e liberdade

A organizaçom juvenil independentista Adiante manifestou através dum comunicado público no que exige a sua repatriaçom e liberdade a solidariedade com Jurjo Rodrigues e Óscar Sanches, detidos pola Polícia espanhola no passado dia 14 e encarcerados por ordem de dous juízes da ‘Audiencia Nacional’. Publicamos a continuaçom na íntegra o comunicado da organizaçom juvenil independentista tomado da sua página web. LIBERDADE PARA ÓSCAR E XURXO Na madrugada do mércores 13 ao xoves 14 foron detidos na entrada da cidade de Pontevedra dous xoves vigueses de recoñecido compromiso: o veciño de Lavadores e militante independentista Xurxo e o veciño de Travesía e militante anarquista Óscar. A policia española do ex-GAL Rubalcaba non dubidou en lles aplicar a mal-chamada lei “anti-terrorista” e a prensa do sistema en inxurialos e prexulgalos. De novo queda ben claro a conexión e a estudada coordinación policía española / prensa empresarial. De ADIANTE solidarizámonos cos dous xoves galegos e cos seus familiares, compañeiros e amigos. Exiximos que a denominada “prisión preventiva” non volva a se converter nunha excusa “legal” para privar de liberdade a prisioneiros políticos. Volvemos reivindicar a liberdade de todos os presos políticos galegos, ou cando menos, o seu traslado á terra. E volvemos apoiar todas as iniciativas dos organismos anti-represivos galegos para rachar os muros do silenciamento e a manipulación. Mais comunicados A Direcçom Nacional de NÓS-UP publicou umha nota na sua página web onde denuncia o colaboracionismo da “imprensa burguesa” no juízo mediático realizado contra ambos independentistas, exige a derrogaçom da legislaçom especial “antiterrorista” e demanda que por parte das autoridades espanholas se cumpram os direitos formais que a actual legislaçom judicial e penitenciária reconhece a ambos militantes.