Adiante exige a repatriaçom dos presos e presas políticas galegas e a desapariçom do tribunal especial ‘Audiencia Nacional’

Publicamos na íntegra o manifesto ‘Non máis torturas! Traslado á Terra xa!’, editado recentemente pola organizaçom juvenil independentista Adiante onde se fai umha denúncia explícita da dispersom e se exige a derrogaçom da legislaçom da “antiterrorista” e a desapariçom do tribunal político de excepçom conhecido como ‘Audiencia Nacional’ onde esta mesma manhá eram citados quatro independentistas galegos por um suposto delitos de “injúrias à Coroa” espanhola. Consideramos que declaraçons como a que hoje apresentamos, assi como, especialmente, as práticas que delas se infirem, apontam na direcçom de trabalho anti-repressivo que de Ceivar vimos defendendo: defesa dos direitos que correspondem aos presos e presas políticos galegos, reconhecimento do seu carácter político, denúncia da existência da ‘Audiencia Nacional’ e exigência da sua dissoluçom e crítica frontal e mobilizaçom social contra a existência de legislaçom especial que ampara o emprego da tortura como instrumento de “luita antiterrorista”. Este é o manifesto editado por Adiante: “NON MÁIS TORTURAS! TRASLADO Á TERRA XA!” “A día de hoxe, o Estado Imperialista Español (EIE) mantén en prisión a dezanove presas/os políticas/os independentistas (4) e antifascistas (15) galegas/os. Case a totalidade de todas/os elas/es están baixo o réxime F.I.E.S. e sufrindo dispersión a miles de quilómetros das súas casas. Ante as detencións que se veñen sucedendo desde o pasado mes de decembro e o ingreso en prisión de varios compatriotas, desde ADIANTE, como organización xuvenil comunista e independentista de Galiza, queremos manifestar: * Que reclamamos ás/aos membros da prensa do réxime que fagan correctamente e dun xeito medianamente profesional o seu traballo, que contrasten a información e que deixen de acusar á globalidade da esquerda independentista galega de cometer delitos de “terrorismo” sen ter probas. A manipulación interesada e o sensacionalismo xornalístico da prensa empresarial terxiversan a información das nosas actividades, silenciadas completamente noutros casos. Nos casos de torturas, os medios de comunicación do sistema actúan ademais de encubridores, e polo tanto cómplices. * Que denunciamos tamén á chamada “lei antiterrorista” por vulnerar gravemente os dereitos das persoas en cativerio, por atentar impunemente contra os dereitos humanos e por conlevar un baleiro legal que permite e realización de todo tipo de torturas físicas e psicolóxicas por parte das/dos carcereiras/os e dos membros dos corpos represivos do Estado. Organismos internacionais nada sospeitosos de “subversivos” ou “antisistema” teñen denunciado todos os anos as gravísimas vulneracións dos dereitos humanos acontecidas no EIE. Estas denuncias nunca trascenden á opinión pública, e só se “informa” das vulneracións supostamente acontecidas en países socialistas ou musulmáns. * Que a Audiencia Nacional española é un sinistro e antidemocrático tribunal político, herdeiro directo do T.O.P. franquista, cuxos xuíces actúan dun xeito intereseiro e arbitrario, aceptando declaracións obtidas baixo brutais torturas e sen ningunha independencia con respecto aos dous partidos empresariais que se turnan no goberno do Estado. Polo cal reivindicamos a súa inmediata desaparición. * Que, como temos subliñado noutras ocasións, reivindicamos como horizonte principal a amnistía total de tod@s @s pres@s polític@s –que malia a negación por parte do Estado, existen, como amosan o réxime F.I.E.S. e similares- e o recoñecemento da súa verdadeira condición de represaliadas/os e prisioneiras/os por razóns políticas. Pero tamén sabemos que o EIE non vai acceder a esta reclamación histórica de contado, xa que as amnistías adoitan chegar tras mudanzas formais ou reais de réxime. Por todo isto, desde ADIANTE exiximos prioritariamente o traslado inmediato á Galiza d@s nos@s compatriotas prisioneir@s. A política de dispersión, alén de ser ilegal –para a mesma lexislación do Estado!- e de atentar contra os dereitos humanos, supón un grave prexuízo económico e un grande perigo de sinistraliedade para as familias e amig@s d@s propi@s pres@s polític@s. A loita pola liberdade da nosa clase e da nosa Nación nunca vai ser doada. Por iso precisamos unir a nosa forza como nun só puño. Amnistía total! Liberdade pres@s polític@s!” Esclarecimento: o número de cidadáns galegos e galegas que neste momento estám pres@s como consequência da sua militáncia em organizaçons políticas e anti-repressivas de ámbito estatal ascende a 17 pessoas, e nom 15, trás os encarceramentos de Carlos Cela Seoane e a extradiçom de Fernando Silva Sande do Estado francês para o espanhol.