Polícia Local continua coarctando o movimento juvenil na capital galega.

Cortar as asas antes de que o paxaro bote a voar.É a metáfora da sabedoria popular perfeita para aplicar ao tratamento punitivo com que as F.S.E. sistematicamente actuam nos lugares onde mais se mexem os colectivos sociais que impulsarem dinámicas reivindicativas, nomeadamente se estes estiverem essencialmente conformados pola gente moça, contra quem nom está tam mal visto, pola maioria social, que a doutrina preventiva do poder caia com todo o peso. Contra a liberdade de expressom e acçom do movimento estudantil que se está a impulsionar na universidade compostelana,tamém se aplica com diligência a Polícia Local. Segundo nos acabam de comunicar, recentemente retinham na rua à(o)s estudantes independentistas L., C. e P.B. (participantes do activismo assemblearista da U.S.C.),na avenida de Joám XXIII,ao carom dumhas pintadas de Ceivar em que se reclamava a liberdade para o preso Ugio Caamanho, que vem de sofrer o início dum translado que finalizará no C.P. espanhol de Puerto de Santa Maria I. @s afectados emitírom o seguinte comunicado de denúncia que, em clave humorística, enviárom a colectivos anti-repressivos, entre os quais Ceivar, a cuja 62 de redacçom do portal chegou remetido da “Assmblea de Farmácia” e a que deixamos a voz nestes instantes: “Tres compañeir@s das asembleas de físicas, farmacia e traballo social fomos parados pola policía local, que en vista de que portabamos unha vasoira, deduciu que eramos perigos@s. Si, levabamos unha vasoira, e non tiñamos licenza de armas (vaia imprudencia…).Deberon pensar que iamos atracar un banco. Andabamos de camiño polo campus Norte cando vemos que pasa un coche da local e fai unha violenta parada no medio da estrada. Dá marcha atrás a grande velocidade (nese momento até me preocupei de mirar se viña un coche detrás, porque a hostia podía ser fina…) nunha grande avenida e montan o paseo dando un volantazo. O resultado: cáelles o tapacubos ante as nosas miradas estupefactas. Eu estaba flipando… Bon, que baixan e nos preguntan que se imos facer pintadas. Comentámoslles que non. Identificación. Ante a petición (en todo momento educada) dunha razón para a identificación, recibimos un pouco cordial: “porque me da la gana”, seguido dun aínda menos cordial: “sólo con verte la cara sé que te tengo que identificar”. Dámoslles os DNIs, agás un/ha de nós (que o perdera esa mesma tarde) e tómanlle os dados. Proceden ao rexistro: dúas de nós levabamos mochila. Consideramos que xa é abusivo e soltamos un tímido “Pero tedes dereito…”, ao que nos respostan cunha violenta mirada e un clásico de peli de vaqueiros: “a ver: podemos hacerlo por las buenas…”. Pasamos de movidas e amosamos as mochilas. Céntranse nuns CDs. Obvian a bomba e o bazoka. Despois de reternos uns 10 minutos nos que se adicaron a telefonar ao xulgado “por se tiñamos causas pendientes” (por se eramos da ETA), e tocar as pintadas dos arredores por se estaba fresca a pintura (que ben adestrados, estes maderos…) déixannos marchar. Perdónannos a vida. Supoño que non a montaron polo tema de que nos faltaba un DNI porque qué cara se lles quedaría se chegasen á comisaría e lles dixesen aos que alí estivesen: “identificámolos porque levaban unha vasoira…”. Menos mal que a miña liberdade “está salvagardada” por esta xente… Menos mal que están aí, nas rúas para defendernos de… estudantes con vasoiras. Que ben nos protexen… O outro día entereime de que no ano 2006 morreron 1352 traballadoras/es vítimas da mesma precariedade laboral que nos espera cos planos de Boloñas, cos EEESs, coas reformas laborais, cos acordos de negociación colectiva… neste mundo precario. Casi 4 mortos ao día! E estes rexistrando mochilas de perigos@s estudantes rebeldes armad@s con vasoiras! Onde están cando sucede algunha desas mortes evitábeis? Total: que coartaron a nosa liberdade ambulatoria SEN NENGUNHA XUSTIFICACIÓN, incorrendo nunha falta de identificazón arbitrária. Pero de denunciármolo, desestimarían a denuncia argüindo que “era un controlo rutinario”. Só se trataba de asustarnos un ratiño, ameazándonos con que se pintabamos, ou se colabamos algún cartaz fóra dos espazos destinados para iso (si, os 4 que hai en Compostela) nos ían denunciar. Un problema central na sociedade, a colada de cartaces. Eu pregunto: desde cando a policia é un corpo “preventivo”? Seguro que aos de Juventudes Socialistas non os reteñen nen nada cando saen a colar os cartaces para facer campaña para algunha elección desas. Claro, é que unha vez cada catro anos non fai dano. O acontecido non evidencia senón a represión “preventiva” que sofre un/ha moz@ con tan só decidirse a facer algo para protestar contra unha inxustiza. O problema é cando alguén actúa sen agardar por “representantes”. Pois, señores maderos, non imos parar. Liberdade de expresión! Non ao estado policial! Paremos a mercantilización do ensino!”.