Publicamos na íntegra a declaraçom da Associaçom de Familiares de militantes encausad@s na ‘Operación Castiñeiras’

No passado mês de Maio celebrava-se a rolda de imprensa de apresentaçom oficial da Associaçom de Familiares e Amizades de Encausad@s pola ‘Operación Castiñeira’, umha comissom de pessoas vinculadas aos e às treze independentistas –maioritariamente, militantes da AMI- que desde o passado 14 de Novembro fôrom detid@s em diversos pontos da Galiza e imputados num suposto delito de ‘associaçom ilícita’. Embora o sumário da causa segue sob segredo e @s advogad@s d@s militantes desconhecem qual o calado real do processo repressivo, familiares e amizades já decidírom tomar cartas no assunto e denunciar as arbitrariedades de que estám a ser objecto. Publicamos na íntegra este comunicado suficientemente descritivo da situaçom como para que nom seja precisa qualquer engádega pola nossa parte. Nota de imprensa da Asociación de Familiares e Amizades de Encausad@s na ‘Operación Castiñeiras’ Aos meios de comunicación e á sociedade galega: Vén de constituir-se a Asociación de familiares e amizades de encausad@s pola ‘Operación Castiñeira. Somos un grupo de familiares e amig@s das 11 persoas que foron detidas nos dias 14 de Novembro e 29 de Decembro de 2005, datas en que os domicílios d@s nos@s fillos e fillas foron asaltados por Grupos Especiais da Guarda Civil, levando innumerábeis pertenzas e obxectos persoais: fotografias, libros, ordenadores, escrituras de propriedade, etc., etc. Nesa operación espectacular foron detid@s e transladad@s a Madrid, onde foron tod@s post@s en liberdade sen que tivesen que prestar declaración xudicial. Queremos denunciar e poñer en coñecimento da opinión pública que todo este proceso está plagado de irregularidades, empezando polo secretismo que o rodea e que impide que @s nos@s familiares poidan saber de que se lles acusa, se é que se lles acusa de algo mais que de simpatizar cunha determinada idea da Galiza. Nestes meses de procedimento, non se puido saber de que feitos son acusad@s, puxéron-se innumerábeis trabas para a designazón de advogados defensores, obstaculizou-se a apresentazón de calquer tipo de escrito, e os escritos apresentados foron devoltos sen prestar-lles a mais mínima atención. Tamén queremos denunciar que o caso pasou xa por tres Xulgados distintos, sen que nengún deles se queira facer cargo do caso, nen tampouco se decida o levantamento do segredo sumarial ou o arquivo das actuacións. Moito tememos que o baile de Xulgados, do cal sabemos polos meios de comunicación, ainda non rematase, prolongando asi a nosa angústia e a d@s nos@s familiares. Outra das curiosidades do asunto é que, mentres aos directamente afectad@s nada se lles informa, cada certo tempo se publican na imprensa notícias confusas sobre a marcha do procedimento, cuxa base real non podemos contrastar, dado o segredo xudicial. Moito tememos que nun proceso carente de garantias coma este, a sentenza se dite moito antes de que se celebre o xuízo. Por iso, dicemos: 1.- Pasou tempo mais que suficiente para que as instáncias xudiciais digan algo claro. 2.- Se todo é como dun princípio parecia e non hai nada que se lles incrimine, que acaben coa nosa angústia e incerteza. 3.- É hora de que se poña fin ao atropelo dos direitos fundamentais d@s nos@s fill@s e que se levante o estado de excepción a que se lles ten submetid@s. 4.- Non aos xuízos contra as ideas. 5.- Hoxe pasa aos nos@s fill@s e amig@s, mañá poden ser outr@s: @s teus. Asociación de Familiares e Amizades de detid@s pola ‘Operación Castiñeiras’ Galiza, Primavera de 2006 Tfne. 646 859 851