cartaz-qA continuaçom fazemo-nos eco das jornadas anti-repressivas que terám lugar em Ourense entre os vindeiros 4 e 18 de Junho.

“As Xornadas Anti-Represivas xorden como un proxecto entre xente de diferentes colectivos e movementos. Como resposta perante a necesidade de divulgarmos as formas de represión (vellas e novas) que, a día de hoxe, ameazan as liberdades do pobo. Precisamos, logo, de ferramentas para as combater con éxito, pois onde hai loita hai esperanza, mais tamén pontos de represión que habemos superar tecendo redes de apoio.

As actividades que conforman as Xornadas abranguen distintos eidos da represión: A Lei Mordaza, a seguranza na rede, os efectos psico-sociais do medo, a represión do estudantado ourensán, a tortura física e psicolóxica e a privación da liberdade, entre outros.

As Xornadas Anti-Represivas desenvolveranse ao longo do mes de xunho en Ourense. Cada actividade levarase a cabo nun ponto distinto da cidade das Burgas: centros sociais e culturais, tabernas, bares, prazas e na propia rúa.

Co obxecto de transcender o formato de charla, procuramos outras fórmulas de abordarmos a temática da represión mediante dinámicas, obradoiros, a performance e o teatro.”

INFO ao completo:https://xornadasantirepresivas.wordpress.com/