110276-crumpled-paper-icon-social-media-logos-rss-cube

cartazes

De Ceivar queremos denunciar as sançons que estam chegando à militáncia do nosso organismo na comarca de Compostela e a de outra organizaçons independentistas e nacionalistas polo facto de colar cartazes nas ruas da cidade em espazos onde já existiam outros, incluso do próprio concelho. Este tipo de atitudes sancionadoras demostra, umha vez mais, o talante punitivo do governo da cidade compostelá que presume de "progresista".

Publicamos a continuaçom a nova que ao respeito aparece no diário digital Sermos Galiza:

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago, presidida por Martiño Noriega, acordou propor para sanción persoas de organizacións xuvenís nacionalistas e independentistas por poñeren cartelaría nos mesmos lugares onde loce publicidade da Concellaría de Educación, dos Orzamentos Participativos, dos encontros do alcalde coa veciñanza, da Cidade da Cultura e do Pazo de Congresos, entre outros.

O pasado verán, días antes do Día da Patria, o alcalde Martiño Noriega publicaba un bando para lembrar o contido da ordenanza do PP coas prohibicións existentes sobre publicidade no ámbito do Plan Especial da Cidade Histórica.

Nas últimas xuntas de goberno aprobáronse os apercibimentos de sanción a, no mínimo, 6 persoas de diversas organizacións estudantís e organizacións nacionalistas e independentistas que adoitan organizar actividades políticas ao redor do 25 de xullo, actos reivindicativos estudantís, polos dereitos democráticos e a favor do referéndum de Catalunya. Algunhas delas xa foron notificadas e teñen un prazo de 15 días para recorreren as multas.

Estas propostas de sanción veñen motivadas por colocar cartelaría, tanto na zona nova como na zona vella de Compostela, en soportes que na ordenanza municipal de Convivencia, Residuos e Limpeza viaria non se consideran adecuados. Porén, Santiago de Compostela continúa sen dispor de espazos destinados á comunicación social en lugares céntricos, visíbeis e transitados, o que se podería interpretar como unha limitación á liberdade de expresión e de difusión destas actividades, como advirten dende a Plataforma polos Dereitos Civís.

As persoas obxecto de sanción, algunhas delas identificadas por policías de paisano, estaban a pór cartaces para anunciar actos onde se adoitan publicitar tamén actividades organizadas pola Xunta e polo propio Concello de Santiago de Compostela. Este feito tipifícase como infracción leve, sancionábel con multa de até 750 euros segundo consta nestes recentes decretos asinados polo concelleiro de Medio Ambiente, Xan Duro, cos apercibimentos de sanción.

Escaparates con cartaces do Día Internacional da Cidade Educadora, do departamento de Educación e Cidadanía; transformadores de luz con anuncios da Xornada Profesional Maker Faire, patrocinada pola Xunta e polo Concello de Santiago; caixas de rexistros eléctricos con propaganda institucional dos encontros "Ao Vivo, rendición de contas do alcalde", o DiverNadal que se desenvolve no Pazo de Congresos ou colantes feministas de Podemos son algúns exemplos de publicidade que incorre no mesmo que as que foron sancionadas e que dá conta da necesidade da creación de novos soportes de comunicación para a promoción de eventos que contribúen a dinamizar a axenda cultural, social e política de Compostela.

Fotografía

 Nun escaparate, publicidade da Concellaría de Educación e Cidadanía, dirixida por Manuel Dios

 
Teimudamente Alçadas!
teimudamente_alzadas
Manual de Segurança para Ativistas
manual_segurana_2015
O Teito é de Pedra
mostra_capa
Lei de Segurança Cidadá
LSC_2014web
Endereços d@s Pres@s

1 920422340620189774

raul_web

maria2014_web

edu_web

teto_web

Atópanos nas redes sociais



feisbuk

banner_numero_conta_2014