110276-crumpled-paper-icon-social-media-logos-rss-cube

lumes nunca maisPublicamos a continuaçom o comunicado dos grupos ecologistas sobre a detençom de Miguel Martinez, ecologista da Límia detido e encarcerado por presuntamente provocar um lume na vaga de incéndios da semana passada. De Ceivar solidarizamo-nos com Miguel e queremos trasladar-lhe o nosso apoio perante o intento dos verdadeiros culpaveis da desastre ecológica, o governo do PP, de buscar cabeças de turco que os exima de responsabilidades.

COMUNICADO DOS GRUPOS ECOLOXISTAS SOBRE A DETENCIÓN DO COMPAÑEIRO MIGUEL MARTÍNEZ

As circunstancias que rodean a detención de Miguel Ángel Martínez Novoa causan preocupación en todo o ecoloxismo galego. Miguel é unha persoa coñecida, valorada e querida de todas as persoas que ao longo dos anos noventa do pasado século activaron a loita social contra o a deterioración da natureza no noso país. O Movimento Ecoloxista da Limia (MEL) que el axudou a crear nos primeiros anos 90 era un máis das decenas de colectivos que neses anos xurdiron por toda Galiza e que nutrían a Asemblea de Grupos Ecoloxistas e Naturalistas de Galiza (AGENG) despois Federación Ecoloxista Galega (FEG, 1995). Ademais de coa FEG, Miguel colaboraría con ADEGA e outros colectivos, incluíndo diversas achegas como ecoloxista e poeta á revista Cerna.


Cando o ecoloxismo estaba case na súa infancia, Miguel mostrouse sempre como unha das persoas máis conciliadoras nas inevitábeis discusións á hora de facer valoracións e acordar estratexias de traballo. Xa neses momentos e como traballador dos xulgados de Vigo, asesorou en numerosas ocasións sobre a incipiente normativa ambiental. De seguro que co seu esforzo e compormiso ecoloxista hoxe aínda podemos desfrutar de moitos dos valores naturais polos que sempre loitou na Limia.

O traballo de MEL (Movemento Ecoloxista da Limia) foi transcendental na loita contra os impactos da concentracións parcelarias na Limia neses anos, realizando non só as principais mobilizacións e accións de concienciación sobre o problema senón tamén solucións prácticas de grande calado. MEL é un dos grupos que segue activo e que nos últimos anos enfronta o problema de contaminación por residuos agrogandeiros na Limia, unha consecuencia máis do modelo produtivista que comezou coa destrución da natureza polas concentracións parcelarias que, como o lume, arrasaban con todo o vivo.

Non sabemos o que aconteceu neste caso, mais non acreditamos que Miguel sexa un delincuente, e menos aínda un perigo potencial para ter que privalo de liberdade. E non só polo seu compromiso de sempre coa defensa da natureza. Segundo se nos informou desde persoas próximas, unha vez apagado o lume cuxo alcance limitouse a menos de unha hectárea (fronte ás 35.000 ardidas eses días) e en cuxa extinción empeñouse persoalmente: Miguel foi ao cuartel da Garda Civil na mesma localidade ourensá para dicir o que pasara, e deixou os seus datos persoais e de residencia en Vigo. Precisamente sería citado de novo pola Garda Civil en Vigo, a onde acudiu de novo voluntariamente. Até aí, o comportamento dun cidadán exemplar. Mais desta volta xa non recibiría o trato que agardaba pola súa colaboración e ficou detido, precisando de atención hospitalaria. Non nos corresponde valorar a súa situación de saúde, mais se esta é fráxil, aínda se xustifica memos o encarceramento dunha persoa que en todo momento colaborou para evitar consecuencias maiores e aclarar os sucesos, nin desde logo que se lle manteña a prisión incondicional, como se fora un perigo para a sociedade.

En relación con Miguel todo indica que estamos ante un episodio de lume non intencionado, se realmente tivo que ver co seu inicio, pois aínda non se pode afirmar aínda que sexa así. En todo caso, foi un incendio que el mesmo axudou a apagar e a limitar o seu alcance até ficar en testemuñal. E cómpre considerar que se trata dunha persoa que pola súa vontade e iniciativa cívica acudiu por dúas veces ao cuartel da Garda Civil. Agardamos que en xustiza non se convirta a Miguel nun chivo expiatorio desta catástrofe ecolóxica, para desviar a atención criminalizando ao movemento ecoloxista e así eximir das súas responsabilidades a quen ten as competencias sobre as políticas forestais, agrarias e de xestión do territorio.  

Asinan:  ADEGA, MEL, FEG (ADEGA, ADENCO, APDR, Asemblea do Suído, Colectivo Ecoloxista do Salnés, Grupo Naturalista Hábitat, Luita Verde, Movemento Ecoloxista da Limia-MEL, Naturviva, Néboa, NIño do Azor, Oureol, Vaipolorío, Verdegaia, Xevale, AEMS-Ríos con Vida), GREFA, ERVA

 
Teimudamente Alçadas!
teimudamente_alzadas
Manual de Segurança para Ativistas
manual_segurana_2015
O Teito é de Pedra
mostra_capa
Lei de Segurança Cidadá
LSC_2014web
Endereços d@s Pres@s

1 920422340620189774

raul_web

maria2014_web

edu_web

teto_web

Atópanos nas redes sociais



feisbuk

banner_numero_conta_2014