110276-crumpled-paper-icon-social-media-logos-rss-cube

ban

De novo repite-se a mesma história num campo de fútebol, desta volta em Vallecas, onde às e aos Siareiros do Lugo lhe forom retiradas antes de entrar no estadio as bandeiras da patria e umha faixa em solidariedade coas pessoas encausadas na operaçom Jaro.

A continuaçom publicamos o comunicado de várias penhas do Lugo no que se denuncia o acontecido:

O pasado sábado no Estadio de Vallecas tivo lugar un episodio de censura, represión e

un ataque contra os nosos dereitos fundamentais; que até o de agora moit@s de nós

nunca chegáramos a vivir, en semellante grao, nun campo de fútbol que visitamos.

Na porta 19, pola que estábamos destinad@s a entrar a afección visitante; fomos

sometid@s a rigorosos, estrictos e abusivos rexistros e controis por parte da seguranza

privada do Rayo Vallecano e da Policía Nacional. Tódol@s seareir@s do Club

Deportivo Lugo tamén debemos ensinar as nosas bufandas, bandeiras ou calqueira

material de animación que portásemos.

Alí a seguranza privada e a Policía Nacional, tiñan orde de requisar, aínda que tamén

poderíamos dicir roubar, absolutamente tódalas “estreleiras” que levásemos @s

seareir@s. O único que alegaron ao respecto foi que eran “bandeiras independentistas”

e eran “ilegais”, polo tanto non podían pasar. Non só se centraron nas “estreleiras”, pois

tampouco deixaron entrar unha bandeira galega cunha vaca, sen razón algunha.

A seguranza privada e a Policía Nacional seguían a consigna de requisar todo o material

“político”, polo que tamén foron confiscadas unha faixa coa lenda “Antifascist

Solidarity” e outra faixa solidaria coa inscripción “STOP OPERACIÓN JARO, polo

arquivo da causa contra 9 independentistas”, coma unha bandeira da plataforma Que

Voltem para a Casa!

Alén disto, tampouco puideron entrar no campo, por orde da seguranza privada pois

estas si as permitía a Policía Nacional, as faixas das peñas “Sección Lololo” e “Brigadas

Lucenses”; así coma aprehenderon tódalas bufandas e bandeiras de “Brigadas

Lucenses” e unha bufanda de “Bukaneros”. Por estes feitos, os membros da seguranza

privada do Rayo non deron ningún tipo de explicación.

Xa dentro do Estadio de Vallecas, na grada visitante, a seguranza privada non deixou

amosar unha bandeira de “Brigadas Lucenses”, que previamente pasara o control, coma

unha bandeira das “nacións celtas” e un suadoiro coa inscripción “Brigadas Lucenses-

Sección Xuvenil”, todo baixo ameazas de multa. Na grada local, fronte a nosa, a

integrantes da peña Siareir@s Minho, achegouselles un membro da seguranza do club

que, cun trato correcto, recomendoulles gardar unha “estreleira” máis unha bandeira

galega co escudo da serea de Castelao que tiñan penduradas, pois se non a Policía

Nacional acudiría a retiralas.

Cando estaba a uns intres de cumplirse o minuto 90, uns membros da seguranza privada

acompañados pola Policía Nacional expulsaron da nosa grada a dous seareiros por

portar unhas “estreleiras”, que previamente pasaran o control polas portas da afección

local. No momento no que se lles achacou este feito, comentouse que tamén había

bandeiras republicanas no campo, algunhas con estrelas vermellas, contestaron de malas

formas e en actitude hostil que esas podían pasar pero que as nosas galegas non; porque

eran “independentistas” e estaban prohibidas. Nese instante parte da afección do Club

Deportivo Lugo decidimos abandonar o Estadio fart@s xa de tantos atropelos. Cando

marchábamos do Estadio, puidemos recuperar as faixas das peñas que estaban recollidas

nunha esquina e algunhas “estreleiras” de maneira desapercibida.

Ao finalizar o partido un galego emigrado en Vallecas e socio “rayista”, puxo unha

reclamación formal ao Rayo Vallecano por unha parte dos feitos que denunciamos,

acción que queremos agradecer desde estas liñas.

Nos próximos días iremos anunciando as accións que tomaremos en resposta á censura

e a represión á que fomos sometid@s.

STOP CENSURA E CRIMINALIZACIÓN!

SOMOS SEAREIR@S, NON DELICUENTES!

As seguintes peñas asinamos este comunicado para facer público e denunciar os feitos

acaecidos o pásado sábado.

SECCIÓN LOLOLO-BRIGADAS LUCENSES-HINCHADA ROSSA-SIAREIR@S

MINHO-MURALLA NORTE

 

 
Teimudamente Alçadas!
teimudamente_alzadas
Manual de Segurança para Ativistas
manual_segurana_2015
O Teito é de Pedra
mostra_capa
Lei de Segurança Cidadá
LSC_2014web
Endereços d@s Pres@s

1 920422340620189774

raul_web

maria2014_web

edu_web

teto_web

Atópanos nas redes sociais



feisbuk

banner_numero_conta_2014