110276-crumpled-paper-icon-social-media-logos-rss-cube

A continuaçom reproduzimos a nova publicada no diário Sermos Galiza  a respeito do vizinho de Coia, Xurxo Rodríguez, julgado por delitos de “resistência à autoridade” e “lesons” a um polícia local durante os protestos da colocaçom do barco Alfageme na rotunda viguesa.

2015021020503183295“O veciño de Coia prendido o 9 de xaneiro durante as mobilizacións contra a colocación do Bernardo Alfageme na rotonda de Coia foi condenado polo xulgado do penal nº2 de Vigo a 1 ano de cadea. En total, seis meses por cada un dos delitos que se lle imputaban, un de "resistencia" á autoridade e outro de "lesións" a un axente da Policía local. Aliás, condénano a pagar 1.135 euros en concepto de indemnización.

O ditame xudicial foi remitido á avogada da defensa e ao propio Romero na xornada do 2 de marzo.

Desde a Asemblea aberta de Coia veñen de emitir un comunicado de imprensa no que aseguran sentir "decepción" e "rexeitamento" pola decisión xudicial ao seren valorados "única e exclusivamente, a declaración prestada no acto do xuízo polo axente denunciante e os seus compañeiros, considerando ditas testemuñas proba de cargo suficiente, sen entrar a analizar, ne tan sequera mencionar, as múltiples contradicións e ambigüidades vertidas polos axentes no plenario, que foron postas de manifesto pola defensa".

A xuíza responsábel do caso valeuse do principio de veracidade do que contan os atestados policiais para resolver o caso e ditar sentenza, embora --critican desde o movemento veciñal-- "a credibilidade e verosimilitude" dos relatos e informes policiais "quedou desmantelada por medio da proba gráfica e testemuñal practicada a instancias da defensa".

Así as cousas, a sentenza rebaixa a petición inicial do Ministerio Fiscal que demandaba 2 anos e medio de privación de liberdade por un presunto delito de "atentado" á autoridade. Finalmente, a xuíza entende que a "conduta de Xurxo foi consecuencia da previa actuación policial, e froito do desaloxo da rotonda" polo que o considera "resistencia" e "de escasa gravidade", en troca do que aseguraba a policía municipal.

Recurso de apelación

Desde a Asemblea aberta de Coia avanzan que "loxicamente" interporán un recurso de apelación perante a Audiencia provincial de Pontevedra "aportando a gravación do acto da vista co fin de por de manifesto a indefensión que provoca unha resolución xudicial que non entra a valorar a totalidade da proba practicada, cinguíndose a dar por boa, sen máis a testemuña dos axentes, polo mero feito de ser policías".

Aliás, avanzan que de ser obrigado a pagar a indemnización esta será abonada "entre todas compañeiras" porque, reiteraron, "Xurxo somos todas!".”

 
Teimudamente Alçadas!
teimudamente_alzadas
Manual de Segurança para Ativistas
manual_segurana_2015
O Teito é de Pedra
mostra_capa
Lei de Segurança Cidadá
LSC_2014web
Endereços d@s Pres@s

1 920422340620189774

raul_web

maria2014_web

edu_web

teto_web

Atópanos nas redes sociais



feisbuk

banner_numero_conta_2014